(Mensaxe atopada nunha botella, E. A. Poe)
Monday, December 28, 2009
Singrar no frío
"Decatarse do terrorífico das miñas percepcións supoño que é completamente imposíbel; a pesares do cal a curiosidade por me adentrar nos misterios desas rexións tenebrosas dominábame aínda por riba da miña desesperación, e congraciaríame cos aspectos máis abominábeis da morte. E palpábel que estámonos achegando cara algún coñecemento estimulante -algún segredo que non pode ser compartido e no que o seu cumprimento atinxe a destrución. Se cadra esta corrente guíanos cara o mesmo cerne do Polo Sur. Debo confesar que unha suposición en aparencia tan absurda ten todas as probabilidades o seu favor..."
Wednesday, December 23, 2009
Estación Marítima
Temos por costume dicir "imos tomar unhas cañas", por moito que se vaia coa intención de tomar nada máis que unha soa; en troques dicimos "imos tomar un café", aínda que sorbamos un par deles por mor de afastar de nós o sopor das poucas horas de sono ou dalgunha dixestión pesada. Ben, son cousas raras, reviravoltas da linguaxe que un nunca acaba de entender.
Un primeiro apunte da súa demolición xa foi escrito cando desapareceu a cuberta do peirao, que simulando o velame dos barcos, protexía o paso dos viaxeiros entre a estación e o embarque. A falcatruada se fixo, como sempre nestes casos, cunha desculpa construtivista: remodelación e mellora das instalacións portuarias. As velas foron substituídas por unhas prácticas "pranchas de latón", dis que prima a funcionalidade fronte a barroquismos innecesarios.
Incongruencia semellante a esa outra de falar dos 365 días que ten un ano, esquecendo completamente as súas respectivas noites. Como se na contabilidade temporal aparecese un buraco negro, tal que só damos conta dunha metade do ano no entanto a outra fica sumida na noite. E se hai algún deles que menos mereza ser acusado de tal, coido que é ese fronteiro do solsticio de inverno, por definición, o día con menos horas de luz.
Imprecisión tamén a que se deu ese mesmo día a media mañá, cando unha lumieira se filtrou entre un ceo arrumbado de nubes que deixaban caer unhas pingueiras de choiva fría. Luz transgresora que iluminou, ao meu paso, as singularidades da antiga Estación Marítima de Cangas, aínda que agora xa só cumpre a función de Estación de Autobuses. Mágoa dos tempos, se este edificio se tivera chamado Estación Intermodal non estaría agora tan preto de ser condenada ao derribo e o abandono; xa que logo, no edificio conciliábanse, tiñan enlace, os transportes públicos marítimos e terrestres.Un primeiro apunte da súa demolición xa foi escrito cando desapareceu a cuberta do peirao, que simulando o velame dos barcos, protexía o paso dos viaxeiros entre a estación e o embarque. A falcatruada se fixo, como sempre nestes casos, cunha desculpa construtivista: remodelación e mellora das instalacións portuarias. As velas foron substituídas por unhas prácticas "pranchas de latón", dis que prima a funcionalidade fronte a barroquismos innecesarios.
Se cadra o erro dos deseñadores da vella Estación Marítima foi carecer desa capacidade de espesar as palabras ate lle faceres perder o sentido.
Tuesday, December 15, 2009
Luz de laranxa
Thursday, December 3, 2009
Pel de Mazá
do miolo ou volcán fonte da vida,
desde o fondo da terra coma lava,
ou dos raios do cosmos, dos cometas
a percorrer as tenzas do universo,
a desterrar friaxes e negruras.
Este quentor que tes é mel en lume,
ouro do sol, da vida, do entusiasmo.
Fai vibrar, fai cantar, erguer, dar pulo,
ponlle valos á morte e á tristura.
Esta mornura impulsa, move os mùsculos,
ponme tolo a brincar coma un cabuxo
na harmoniosa paisaxe do teu corpo,
por montes, por turxencias, polpas, dunas.
Esta pel que se acende é unha arpa
de finísimas cordas que acariño,
onde soa profunda, estraña música.

do libro Sen sombra e sen amor)
Acoutación fotográfica: A mazá topeina así pousada, non hai ningunha montaxe agás, como é obvio, o collage.
Tuesday, November 10, 2009
Mariñeiros
Monday, November 9, 2009
Alborada
Languidecía a noite e aseñorábase o día ocultando as reminiscencias tililantes que a cidade, debedora solar, mantén acesas na súa honra cando durme, namentres eu agardaba polo chifrido da cafeteira o sinal para retiralo do lume. Coa cámara no trípode fun tirando unhas fotografías no espreguizarse do día que máis tarde, no entanto de revisalas, fixéronme acordante destes versos do proemio no poema de Parménides para ilustralas.
"(....), cando apremáronse a escoltarme
as fillas do Sol -unha vez que por tras deixaron o lar da Noite-
destoucando das súas tempas os veos coas mans.
Alí son as portas dos camiños da Noite e o Día
enmarcados con lintel e soleira de pedra,
portas etéreas de grandes follas (...)
E a deusa acolleume benévola, tomou na súa man
a miña man destra e así falou e me dirixiu a palabra:
-Xoven compañeiro de aurigas inmortais,
vido coas eguas que te achegan a nosa casa,
saúde, que non foi un mal fado quen te trouxo
por este camiño -pois de certo fica fora do tripado polos homes-
senón lei e xustiza. É preciso que te decates de todo:
tanto do corazón imperturbábel da redonda verdade
como dos pareceres dos mortais, nos que non cabe unha verdadeira solidez.
Aínda así, tamén aprenderás como é necesario
que os pareceres sexan en aparencia, cruzandose todos ó través de todo."
(Parménides, Fragmentos 1, 12-13, 20-30)


Un outro apunte, sen ser moi exahustivo nin hermeneuta, que non é o caso, cando leades "lei e xustiza" (Temis e Diké, no grego orixinal) non vaiades matinar no señor da porra e o togado, representates desas ideas no noso mundo, máis axeitado coido que sería ligalas coas ideas de "medida e proporción", dalgún xeito, a procura da "harmonía".
Sóamentes fica por lembrar que Parménides foi un filósofo e poeta grego que naceu en Elea e a súa vida transcorre entre os séculos VI e V a.C. Entre os filósofos da antigüidade e do que se conserva o texto (casi) completo máis antigo. En moitos sentidos podemos dicir del que marca unha fronteira, a súa mesma vida discorre no limiar entre a antigüidade e o clasicismo; quizais o primeiro filósofo e o derradeiro que como tal escribe en verso, nos mesmos hexámetros dáctilos nos que cantaban Homero e Hesiodo; na ponte entre a escrita en verso e a nacente escritura en prosa; na transformación do poder do mito en forza do logos ou razón; o primeiro chanzo para que o home principie a sentirse un aparte da natureza, un seu dominador, nembargante é guíado polas musas no camiño do saber.
as fillas do Sol -unha vez que por tras deixaron o lar da Noite-
destoucando das súas tempas os veos coas mans.
enmarcados con lintel e soleira de pedra,
portas etéreas de grandes follas (...)
a miña man destra e así falou e me dirixiu a palabra:
-Xoven compañeiro de aurigas inmortais,
vido coas eguas que te achegan a nosa casa,
saúde, que non foi un mal fado quen te trouxo
por este camiño -pois de certo fica fora do tripado polos homes-
senón lei e xustiza. É preciso que te decates de todo:
tanto do corazón imperturbábel da redonda verdade
como dos pareceres dos mortais, nos que non cabe unha verdadeira solidez.
Aínda así, tamén aprenderás como é necesario
que os pareceres sexan en aparencia, cruzandose todos ó través de todo."
(Parménides, Fragmentos 1, 12-13, 20-30)
Sóamentes fica por lembrar que Parménides foi un filósofo e poeta grego que naceu en Elea e a súa vida transcorre entre os séculos VI e V a.C. Entre os filósofos da antigüidade e do que se conserva o texto (casi) completo máis antigo. En moitos sentidos podemos dicir del que marca unha fronteira, a súa mesma vida discorre no limiar entre a antigüidade e o clasicismo; quizais o primeiro filósofo e o derradeiro que como tal escribe en verso, nos mesmos hexámetros dáctilos nos que cantaban Homero e Hesiodo; na ponte entre a escrita en verso e a nacente escritura en prosa; na transformación do poder do mito en forza do logos ou razón; o primeiro chanzo para que o home principie a sentirse un aparte da natureza, un seu dominador, nembargante é guíado polas musas no camiño do saber.
Tuesday, November 3, 2009
Grafitis en Cangas
Aquí tedes algunhas imaxes dos grafitis que podedes ver este ano en Cangas, na Praza das Pontes xunto a desembocadura do rió Bouzós, e na que, nuns paneis habilitados polo concello e que se anovan cada ano, os artistas do spray van dándolle forma e cor as novas iconografías urbanas.
Tuesday, October 27, 2009
Yusef Lateef
Hoxe imos a lembrar a este grande músico, ensinante e compositor de longa traxectoria que no pasado día 9 cumplía os 89 anos, e segue na brecha. Un home, ao que como acontecía con Duke Ellington, non lle presta que a súa música sexa considerada solamente jazz, e gosta poñer por diante a necesidade expresiva máis que a etiqueta correspondente. Para referirse a ela acuñou o seu propio termo, acuciado polo necesisade de dar aulas e de querer obviar a verba jazz nelas: autophysiopsychic; co que tenta significar a música como a xuntanza entre o físico, o psíquico e mai-lo espiritual. O certo é que resulta difícil encadrar a súa música só baixo o capote do jazz, porque sempre tentou ampliar perspectivas na procura de novas formas de expresión, e tal vez foi iso o que motivou que aínda hoxe en día a súa laboura non sexa moi coñecida alén dos círculos especializados, e o seu nome non soe entre o grande público como unha das lendas vivas do jazz, ou calquera que sexa a etiqueta que queiramos lle por.
Naceu en Chattanooga, Tenesse, no ano 1920 sob o nome de William Emanuel Huddleston, é fillo único e os cinco anos trasládase, coa súa familia, a Detroit. Criado nun ambiente moi musical, a súa nai tocaba o piana na igrexa e a súa avóa tamén fora tocadora de organo na igrexa, o seu pai tiña unha excelente voz e cantaba nun coro. Da súa nenez pensa que "medrar só fíxoo máis sensíbel e atento coa natureza, as mariposas, o ceo e as árbores". Na escola graduouse como saxo tenor e pronto introdiciuse nos circuitos do jazz, que naquela altura tiñan en Detroit un dos seus berces. No ano 48 convertiuse ao islam en muda o seu nome polo de Yusef Lateef. E foi no seguinte ano que Dizzy Gillespie chamouno para tocar na súa orquestra, onde recoñece que aprendeu que a música non estaba toda no papel. Na partitura tiña escrita, por poñer un caso, unha nota con valor de redonda para remetar o tema, mais sempre ficaba sorprendido, decátase que algunhas veces a mesma nota duraba mais e outras menos do valor indicado, e todos os músicos remataban á vez agás el, que tentaba reproducir o que tiña no papel e nunca acertaba. Máis logo aprendeu a importancia do cóbado de Dizzy, todos seguían o seu movemento, se el subía a nota se mantiña, cando baixaba tiñan que cortar.Ficou un par de anos na orquestra de Dizzy e volveu para Detroit, onde na decada dos 50 estudou composición e frauta, e mantivo un quinteto estable durante eses anos. E máis tarde aprendeu a tocar oboe, sendo o primeiro en introducilo no be-bop ou música de improvisación. Entre outros, traballa con Art Blakey nesta época e tamén foi a finais da decada que empezou a investigar a sonoridade das escalas musicais do leste europeo, abrindo un camiño que mais tarde exploraría con éxito John Coltrane, e que nos nacentes sesenta chegou a desprazar entre os jazzistas o uso das ata aquela máis frecuentes escalas occidentais, ademais de compor spirituais para casas discográficas como a Savoy e a Riverside. Aquí tedes unha grabación do ano 60 con Louis Hayes, I need you, onde podedes sentir o profundo son que arranca do seu saxo tenor nunha grabación feita o 26 de abril nos Bell Sound Studio de Nova Iorque.
Na decada que segue, a dos setenta, empeza a dar aulas na cidade dos rañaceos na Escola de Manhattan e compón para grandes orquestras, ao tempo gradúase na Universidade de Massachusetts, onde tamén dara aulas. Foi aquí onde xurdiu o disco Autophysiopsichic e tamén o termo que propón para definir a súa música. Aquí podedes escoitar unha peza dese disco, Comunication, grabado xunto con Act Farmer nos Electric Lady Studios de Novo Iorque no mes de outubro do ano 77.
No ano 92 crea o seu propio carimbo discográfico YAL, e no ano seguinte pública un dos seus discos máis ambiciosos The African American Epic Suite, unha obra en catro movimentos para quintento e orquestra. Hoxe é considerado un dos pioneiros da música étnica ou world music. Mais o seu campo non se circunscribe o eido musical xa que ten publicado dúas novelas e dous libros de contos; e ten exibido nos derradeiros anos os seus cadros nalgunhas galerias de arte, .
Sendo un grande improvisador, recoñece que non lle gusta o termo se iso significa non ter unha preparación previa, di el que sería como se pos nas mans dun zapateiro un instrumento musical e esperas que vai soar algo coerente. No ano 2005 sae o disco Psychicemotus e no 2007 é nomeado artista do ano pola Universidade de Massachusetts. Para o vindeiro ano, 2010, ten sido nomeado Mestre do Jazz Americano (American Jazz Master) pola National Endowments for the Jazz.
Pra rematar déixovos con Amanita, composta por Adam Rudolph e interpretada por Lateef coa Organic Orchestra, e na que se empregan os conceptos de verticalismo cíclico (cyclic verticalism), unha das ensinanzas que trouxo da súa viaxe a Nixeria. Foi grabado no 2005 en Venecia.
Friday, October 23, 2009
O negro(?) da Rúa do Villar
Aquí vos queda o video, que non puiden pór onte, do músico tan misteriosamente negro que espalla a súa musica dende os soportais da Rúa do Villar, o músico negro coas mans moi brancas e que o pasado domingo amenizaba o paso da marea cívica "Queremos galego" e facía cantar casi entonados os manifestantes co son da súa guitarra eléctrica.
Thursday, October 22, 2009
Fáloa porque me peta
Pola nosa parte, e coa elasticidade propia do evento, fomos seguindo a pancarta da plataforma "Queremos galego" do Morrazo, na que lembrábanse os versos de Celso Emilio Ferreiro no poema "Deitado frento ó mar" e que hoxe semellan tan actuais e necesarios como anteonte: "..eu fáloa por que si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gana".
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.
a patria esquencendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.
nos patrios acentos,
envoltos no voso
anxélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.
Wednesday, July 29, 2009
Flores de Hermelo
Barxas de xestaAndamos pola aldea e o alto de Santiago de Hermelo no día do seu patrón, e tivemos ocasión de tirar algunhas fotografías, entre elas a da Flor de sabugueiro. N'omundodecostas non lle sabiamos de certo o seu nome, pero unha boa amiga sabedoira destes asuntos tivo a ben lembrármonolo, o cal lle agradecemos.
En galego pode ter ate trinta nomes distintos: bieiteiro, baiteiro, sabugo, naiteiro, viradoiro, viruteiro, sango, sambuco... Segundo parece na medicina popular empregase caseque como remedio universal. As flores, que teñen propiedades diuréticas, sudoríferas e emolientes, preparadas en infusión empréganse como remedio contra as afeccións respiratorias, gripes ou catarros. Tamén teñen propiedades como laxante.
O seu nome científico, no que se identifican xénero e especie, ven sendo Sambucus Nigra L., e pertence a clase das Magnoliopsidas.
Para rematar unha receita contra a dor de cabeza na que a flor do sabugueiro é ingrediente principal: déixase unha presada de flores frescas a remollo en vinagre durante uns 15 minutos, despois prepárase unha cataplasma embrullando as flores maceradas nunha tela que finalmente aplicarase sobre a fronte do doente.
En galego pode ter ate trinta nomes distintos: bieiteiro, baiteiro, sabugo, naiteiro, viradoiro, viruteiro, sango, sambuco... Segundo parece na medicina popular empregase caseque como remedio universal. As flores, que teñen propiedades diuréticas, sudoríferas e emolientes, preparadas en infusión empréganse como remedio contra as afeccións respiratorias, gripes ou catarros. Tamén teñen propiedades como laxante.
O seu nome científico, no que se identifican xénero e especie, ven sendo Sambucus Nigra L., e pertence a clase das Magnoliopsidas.
Para rematar unha receita contra a dor de cabeza na que a flor do sabugueiro é ingrediente principal: déixase unha presada de flores frescas a remollo en vinagre durante uns 15 minutos, despois prepárase unha cataplasma embrullando as flores maceradas nunha tela que finalmente aplicarase sobre a fronte do doente.
Tuesday, July 28, 2009
Palindromanzas de Severo Revés
Hoxe queremos dar conta da aparición dun novo pasatempo: as Palindromanzas. E por suposto, darlle-la noraboa o seu inventor Severo Revés, que nun arranque de xenialidade soubo inventar este xogo, que abrolla dunha certeira e creativa combinación entre as regras do xeroglífico e a creación dos palíndromos. Proba da súa boa acollida é que dende fai xa un par de meses, non moito despois da súa invención, veñen sendo publicadas diariamente nun dos principais xornais do pais, mais concretamente nun que se edita na Coruña. Sabemos tamén que ese foi o primeiro medio ó que lle propuxo a publicación deste xogo de frases reversíbeis e, dobre méritio engadido, o presentou sen o respaldo dalgún padriño que suavizara as engranaxes do negocio.
Crear, dicía o grande matemático Poincaré, non consiste en facer combinacións inútiles, senón e facer aquelas que son útiles, que son moi poucas, e remarcaba: a invención é discernimento, elección.
Dende aquí, desexámoslle unha longa e froitifera xeira nesta andaina e animámosvos a xogar co Severo Revés (ollo¡ que non a mercar o devandito xornal). E, para irdes afiando a vosa habelencia, velaí unha mostra deste seu pasatempo
Crear, dicía o grande matemático Poincaré, non consiste en facer combinacións inútiles, senón e facer aquelas que son útiles, que son moi poucas, e remarcaba: a invención é discernimento, elección.
Dende aquí, desexámoslle unha longa e froitifera xeira nesta andaina e animámosvos a xogar co Severo Revés (ollo¡ que non a mercar o devandito xornal). E, para irdes afiando a vosa habelencia, velaí unha mostra deste seu pasatempo
Tuesday, July 21, 2009
Arnau de Montemogos
Non sei se volo dixen, ou tan se quer déchesvos de conta, pero ultimamente tomei por costume levar a "Finepix J12" no peto coa intención de ter o disparador disposto para cando as condicións de luz, motivación e capacidade da máquina se conxuguen coa benzón das musas.
O problema, sempre hai un problema (alén do propio das limitacións que ten o trebello dixital), é que hoxe en día tes que ser moi mirado coa elección do motivo. Atrás ficaron os tempos analóxicos, cando o fotógrafo camiñaba coa Minolta no lombo e podía recrear o seu obxectivo no medio da xente na procura das facianas máis expresivas, ou do encadre axeitado para recrear con verosimilitude un ambiente, ou da fisicidade que desprende o corpo humano no desempeño das súas tarefas cotiás, ou, que sei eu, simplemente a curiosidade de retratar as personaxes máis pintorescas.
Neste retomar dos vellos costumes, a primeira vez que virei a máquina cara á xente, a fronte dunha manifestación do metal avanzaba por unha certa rúa da nosa máis populosa cidade industrial, mentres os donos dos carros estacionados nas inmediacións apresurábanse a retiralos ao seu paso. Entre os carros e os obreiros se desprazaba unha morea de periodistas (e periodistos) que armados cos seus grandes e rechamantes aparellos tiraban os seus cliques a vontade. Animado pola situación, saquei a minúscula "J12" do peto para tirar os meus.No encadre, primeiro entraban os fotógrafos diante da manifestación, e segundo esta se achegaba a miña posición, obrígame a pechalo e centralo nos lemas e as persoas que viñan na cabeceira. Entón, segundo se achegaban, escoito unha voz que sobresae entre a multitude e di:
"- Oes!, ti serás peirodista, non? Por que se non, non podes facer fotos"
Ao principio dubidei se sería cousa do tamaño o que lles fixzo desconfiar, mais como os consellos en voz alta incrementaban a intensidade volvín a cámara ao peto (non é que custe moito, pero é a que teño), sen inquirir máis sobre aquela sagacidade para distinguir periodistas. Será que senten máis amparados os seus intereses cando os ven reflectidos nos poderesos medios que controlan o negocio; ou sospeitarían que alí estaba agochado un axente infiltrado da policía facendo a ficha dos revoltosos, que algo diso tamén escoitouse entre o balbordo.
Poucos días despois, na segunda ocasión na que o meu obxectivo teimou de novo coa figura humana foi saíndo do mercado de abastos. Na beirarrúa de enfronte, un mariñeiro negro vestido nunha funda vermella, cuspidiña a que levan os mariñeiros brancos cando fan a mesma tarefa e pasan polo mesmo lugar, arratraba acompasado unhas caixas de peixe fresco chegado da mar, peixe dos barcos de baixura que vai directamente dende o barco ao seu posto de venda na praza. Por detrás del, a pouca distancia e como fondo ábrese a ría e vense os barcos atracados nos peiraos. O home decatouse da manobra e virouse con xestos irado cara un fotógrafo cargado coas bolsas da compra, e no seu español con sotaque subsahariano, lembráballe que o podía denunciar, que se estaba tolo, e cousas polo estilo.
Pouco despois, na mesma xeira, dei coa que xa era a nova do día na bisbarra: queimaran un caixeiro automático pola noite e no lugar do suceso congregábanse as diferentes autoridades con cargo no caso. Camiñaba pola beirarrúa oposta e detívenme nun punto no que podía observar o caixeiro queimado cos operarios no seu derredor enmarcados, dende o primeiro plano, por unha furgoneta branca e unha outra camiontea vermella de emerxencias. Entre as dúas conversaba un grupo que aproveita a sombra proxectada por unha árbore do paseo. Con certa precaución comprobei que polo derredor había xente disparando a súa cámara e, desta volta asegureime, víanse de tódolos tamaños, grandes e pequenas. Así que dei un paso cara atrás para acomodar o encadre, e de socato, a cocorota dun individuo, que estirando o pescozo semella pescudar o que pasa, chántase diante do obxectivo. "Un ghodechinchos" pensei, e deille tempo para que saciara a súa curiosidade, pero como non se daba movido, cambiei eu a miña posición. Entón volveuse cara a min, falou en castelán e decateime que non era galego, pero non precisou berrar unha palabra máis alta que a outra para me lembrar que alí non se podían tomar fotografías. Aleguei, sen moita convicción, que non era o único que as tomaba, e coa mesma amabilidade, díxome que podía achegarme o caixeiro e facérllelas de preto. Retruqueille que poder podía, mais que o encadre que me gustaba era xustamente o que tentaba facer. Debeu notar algunha caste de rexouba nas miñas palabras, por que desta vez respondeume en galego, como tentando imitar o acento do país, dicindo: "ah! Claro...xa entendo, xa entendo". E foi moi coidadoso na pronuncia do "xa".
Ben, agora que xa son moito máis prudente na escolla dos motivos cos que entreter a cámara, paréceme que vou ter que deixar o de falar do Arnau de Montemogos para unha vindeira ocasión, que nesta xa me alonguei abondo. Pero non vos parece que na era dixital o medo ceibase máis lixeiro e sutil ca nunca? Aláncase onde menos un podería imaxinar.
Subscribe to:
Comments (Atom)



