Naceu en Chattanooga, Tenesse, no ano 1920 sob o nome de William Emanuel Huddleston, é fillo único e os cinco anos trasládase, coa súa familia, a Detroit. Criado nun ambiente moi musical, a súa nai tocaba o piana na igrexa e a súa avóa tamén fora tocadora de organo na igrexa, o seu pai tiña unha excelente voz e cantaba nun coro. Da súa nenez pensa que "medrar só fíxoo máis sensíbel e atento coa natureza, as mariposas, o ceo e as árbores". Na escola graduouse como saxo tenor e pronto introdiciuse nos circuitos do jazz, que naquela altura tiñan en Detroit un dos seus berces. No ano 48 convertiuse ao islam en muda o seu nome polo de Yusef Lateef. E foi no seguinte ano que Dizzy Gillespie chamouno para tocar na súa orquestra, onde recoñece que aprendeu que a música non estaba toda no papel. Na partitura tiña escrita, por poñer un caso, unha nota con valor de redonda para remetar o tema, mais sempre ficaba sorprendido, decátase que algunhas veces a mesma nota duraba mais e outras menos do valor indicado, e todos os músicos remataban á vez agás el, que tentaba reproducir o que tiña no papel e nunca acertaba. Máis logo aprendeu a importancia do cóbado de Dizzy, todos seguían o seu movemento, se el subía a nota se mantiña, cando baixaba tiñan que cortar.
Ficou un par de anos na orquestra de Dizzy e volveu para Detroit, onde na decada dos 50 estudou composición e frauta, e mantivo un quinteto estable durante eses anos. E máis tarde aprendeu a tocar oboe, sendo o primeiro en introducilo no be-bop ou música de improvisación. Entre outros, traballa con Art Blakey nesta época e tamén foi a finais da decada que empezou a investigar a sonoridade das escalas musicais do leste europeo, abrindo un camiño que mais tarde exploraría con éxito John Coltrane, e que nos nacentes sesenta chegou a desprazar entre os jazzistas o uso das ata aquela máis frecuentes escalas occidentais, ademais de compor spirituais para casas discográficas como a Savoy e a Riverside. Aquí tedes unha grabación do ano 60 con Louis Hayes, I need you, onde podedes sentir o profundo son que arranca do seu saxo tenor nunha grabación feita o 26 de abril nos Bell Sound Studio de Nova Iorque.
Na decada que segue, a dos setenta, empeza a dar aulas na cidade dos rañaceos na Escola de Manhattan e compón para grandes orquestras, ao tempo gradúase na Universidade de Massachusetts, onde tamén dara aulas. Foi aquí onde xurdiu o disco Autophysiopsichic e tamén o termo que propón para definir a súa música. Aquí podedes escoitar unha peza dese disco, Comunication, grabado xunto con Act Farmer nos Electric Lady Studios de Novo Iorque no mes de outubro do ano 77.
No ano 92 crea o seu propio carimbo discográfico YAL, e no ano seguinte pública un dos seus discos máis ambiciosos The African American Epic Suite, unha obra en catro movimentos para quintento e orquestra. Hoxe é considerado un dos pioneiros da música étnica ou world music. Mais o seu campo non se circunscribe o eido musical xa que ten publicado dúas novelas e dous libros de contos; e ten exibido nos derradeiros anos os seus cadros nalgunhas galerias de arte, .
Sendo un grande improvisador, recoñece que non lle gusta o termo se iso significa non ter unha preparación previa, di el que sería como se pos nas mans dun zapateiro un instrumento musical e esperas que vai soar algo coerente. No ano 2005 sae o disco Psychicemotus e no 2007 é nomeado artista do ano pola Universidade de Massachusetts. Para o vindeiro ano, 2010, ten sido nomeado Mestre do Jazz Americano (American Jazz Master) pola National Endowments for the Jazz.
Pra rematar déixovos con Amanita, composta por Adam Rudolph e interpretada por Lateef coa Organic Orchestra, e na que se empregan os conceptos de verticalismo cíclico (cyclic verticalism), unha das ensinanzas que trouxo da súa viaxe a Nixeria. Foi grabado no 2005 en Venecia.
No comments:
Post a Comment