Monday, December 28, 2009

Singrar no frío


"Decatarse do terrorífico das miñas percepcións supoño que é completamente imposíbel; a pesares do cal a curiosidade por me adentrar nos misterios desas rexións tenebrosas dominábame aínda por riba da miña desesperación, e congraciaríame cos aspectos máis abominábeis da morte. E palpábel que estámonos achegando cara algún coñecemento estimulante -algún segredo que non pode ser compartido e no que o seu cumprimento atinxe a destrución. Se cadra esta corrente guíanos cara o mesmo cerne do Polo Sur. Debo confesar que unha suposición en aparencia tan absurda ten todas as probabilidades o seu favor..."
(Mensaxe atopada nunha botella, E. A. Poe)


1 comment:

  1. Cantas memorias volven dende aqueles días en que lin por vez primeira os contos de Poe nunha traducción de Cortázar na vella Alianza Editorial -dous volumes-, cunhas tapas de Daniel Gil. Esa cita (e esa foto) invitan outravolta a esa páxinas magnéticas. Unha aperta.

    ReplyDelete