Tuesday, June 16, 2009

Pegadas do tranvía (Vigo)


Na pasada sesta feira (12-6-09) mentres os obreiros do metal baixaban en manifestación pola Falperra cara o Paseo de Alfonso para logo virar e seguires por López Mora, outros operarios da construción traballaban levantando o asfalto do Paseo de Alfonso e ían deixando ó descuberto as antigas vías do tranvía, que xacían soterradas por baixo dos sucesivos recheos de chapapote, e que por uns intres permanecían aliñadas coma nos días de uso e invitaban as lembranzas. Evocación rapidamente coutada por unha pa mecánica que as arrinca do seu lugar, e imperiosa nos devolve ás urxencias, as presas por lle outorgar máis espazo da cidade ós automóbiles, aínda que sexa furando a terra, como é o caso, para amorealos por baixo.

Aquí vos deixo algunhas imaxes que dan conta desa volta fugaz das vías a luz e que tiven a sorte de as recoller.

Pegadas do tranvía II

Pegadas do tranvía III

Pegadas do tranvía IV

Pegadas do tranvía V
Pegadas do tranvía VI

1 comment:

  1. This comment has been removed by a blog administrator.

    ReplyDelete