Tuesday, November 10, 2009
Mariñeiros
Monday, November 9, 2009
Alborada
Languidecía a noite e aseñorábase o día ocultando as reminiscencias tililantes que a cidade, debedora solar, mantén acesas na súa honra cando durme, namentres eu agardaba polo chifrido da cafeteira o sinal para retiralo do lume. Coa cámara no trípode fun tirando unhas fotografías no espreguizarse do día que máis tarde, no entanto de revisalas, fixéronme acordante destes versos do proemio no poema de Parménides para ilustralas.
"(....), cando apremáronse a escoltarme
as fillas do Sol -unha vez que por tras deixaron o lar da Noite-
destoucando das súas tempas os veos coas mans.
Alí son as portas dos camiños da Noite e o Día
enmarcados con lintel e soleira de pedra,
portas etéreas de grandes follas (...)
E a deusa acolleume benévola, tomou na súa man
a miña man destra e así falou e me dirixiu a palabra:
-Xoven compañeiro de aurigas inmortais,
vido coas eguas que te achegan a nosa casa,
saúde, que non foi un mal fado quen te trouxo
por este camiño -pois de certo fica fora do tripado polos homes-
senón lei e xustiza. É preciso que te decates de todo:
tanto do corazón imperturbábel da redonda verdade
como dos pareceres dos mortais, nos que non cabe unha verdadeira solidez.
Aínda así, tamén aprenderás como é necesario
que os pareceres sexan en aparencia, cruzandose todos ó través de todo."
(Parménides, Fragmentos 1, 12-13, 20-30)

Un outro apunte, sen ser moi exahustivo nin hermeneuta, que non é o caso, cando leades "lei e xustiza" (Temis e Diké, no grego orixinal) non vaiades matinar no señor da porra e o togado, representates desas ideas no noso mundo, máis axeitado coido que sería ligalas coas ideas de "medida e proporción", dalgún xeito, a procura da "harmonía".
Sóamentes fica por lembrar que Parménides foi un filósofo e poeta grego que naceu en Elea e a súa vida transcorre entre os séculos VI e V a.C. Entre os filósofos da antigüidade e do que se conserva o texto (casi) completo máis antigo. En moitos sentidos podemos dicir del que marca unha fronteira, a súa mesma vida discorre no limiar entre a antigüidade e o clasicismo; quizais o primeiro filósofo e o derradeiro que como tal escribe en verso, nos mesmos hexámetros dáctilos nos que cantaban Homero e Hesiodo; na ponte entre a escrita en verso e a nacente escritura en prosa; na transformación do poder do mito en forza do logos ou razón; o primeiro chanzo para que o home principie a sentirse un aparte da natureza, un seu dominador, nembargante é guíado polas musas no camiño do saber.
as fillas do Sol -unha vez que por tras deixaron o lar da Noite-
destoucando das súas tempas os veos coas mans.
enmarcados con lintel e soleira de pedra,
portas etéreas de grandes follas (...)
a miña man destra e así falou e me dirixiu a palabra:
-Xoven compañeiro de aurigas inmortais,
vido coas eguas que te achegan a nosa casa,
saúde, que non foi un mal fado quen te trouxo
por este camiño -pois de certo fica fora do tripado polos homes-
senón lei e xustiza. É preciso que te decates de todo:
tanto do corazón imperturbábel da redonda verdade
como dos pareceres dos mortais, nos que non cabe unha verdadeira solidez.
Aínda así, tamén aprenderás como é necesario
que os pareceres sexan en aparencia, cruzandose todos ó través de todo."
(Parménides, Fragmentos 1, 12-13, 20-30)
Sóamentes fica por lembrar que Parménides foi un filósofo e poeta grego que naceu en Elea e a súa vida transcorre entre os séculos VI e V a.C. Entre os filósofos da antigüidade e do que se conserva o texto (casi) completo máis antigo. En moitos sentidos podemos dicir del que marca unha fronteira, a súa mesma vida discorre no limiar entre a antigüidade e o clasicismo; quizais o primeiro filósofo e o derradeiro que como tal escribe en verso, nos mesmos hexámetros dáctilos nos que cantaban Homero e Hesiodo; na ponte entre a escrita en verso e a nacente escritura en prosa; na transformación do poder do mito en forza do logos ou razón; o primeiro chanzo para que o home principie a sentirse un aparte da natureza, un seu dominador, nembargante é guíado polas musas no camiño do saber.
Tuesday, November 3, 2009
Grafitis en Cangas
Aquí tedes algunhas imaxes dos grafitis que podedes ver este ano en Cangas, na Praza das Pontes xunto a desembocadura do rió Bouzós, e na que, nuns paneis habilitados polo concello e que se anovan cada ano, os artistas do spray van dándolle forma e cor as novas iconografías urbanas.
Tuesday, October 27, 2009
Yusef Lateef
Ficou un par de anos na orquestra de Dizzy e volveu para Detroit, onde na decada dos 50 estudou composición e frauta, e mantivo un quinteto estable durante eses anos. E máis tarde aprendeu a tocar oboe, sendo o primeiro en introducilo no be-bop ou música de improvisación. Entre outros, traballa con Art Blakey nesta época e tamén foi a finais da decada que empezou a investigar a sonoridade das escalas musicais do leste europeo, abrindo un camiño que mais tarde exploraría con éxito John Coltrane, e que nos nacentes sesenta chegou a desprazar entre os jazzistas o uso das ata aquela máis frecuentes escalas occidentais, ademais de compor spirituais para casas discográficas como a Savoy e a Riverside. Aquí tedes unha grabación do ano 60 con Louis Hayes, I need you, onde podedes sentir o profundo son que arranca do seu saxo tenor nunha grabación feita o 26 de abril nos Bell Sound Studio de Nova Iorque.
Na decada que segue, a dos setenta, empeza a dar aulas na cidade dos rañaceos na Escola de Manhattan e compón para grandes orquestras, ao tempo gradúase na Universidade de Massachusetts, onde tamén dara aulas. Foi aquí onde xurdiu o disco Autophysiopsichic e tamén o termo que propón para definir a súa música. Aquí podedes escoitar unha peza dese disco, Comunication, grabado xunto con Act Farmer nos Electric Lady Studios de Novo Iorque no mes de outubro do ano 77.
No ano 92 crea o seu propio carimbo discográfico YAL, e no ano seguinte pública un dos seus discos máis ambiciosos The African American Epic Suite, unha obra en catro movimentos para quintento e orquestra. Hoxe é considerado un dos pioneiros da música étnica ou world music. Mais o seu campo non se circunscribe o eido musical xa que ten publicado dúas novelas e dous libros de contos; e ten exibido nos derradeiros anos os seus cadros nalgunhas galerias de arte, .
Sendo un grande improvisador, recoñece que non lle gusta o termo se iso significa non ter unha preparación previa, di el que sería como se pos nas mans dun zapateiro un instrumento musical e esperas que vai soar algo coerente. No ano 2005 sae o disco Psychicemotus e no 2007 é nomeado artista do ano pola Universidade de Massachusetts. Para o vindeiro ano, 2010, ten sido nomeado Mestre do Jazz Americano (American Jazz Master) pola National Endowments for the Jazz.
Pra rematar déixovos con Amanita, composta por Adam Rudolph e interpretada por Lateef coa Organic Orchestra, e na que se empregan os conceptos de verticalismo cíclico (cyclic verticalism), unha das ensinanzas que trouxo da súa viaxe a Nixeria. Foi grabado no 2005 en Venecia.
Friday, October 23, 2009
O negro(?) da Rúa do Villar
Aquí vos queda o video, que non puiden pór onte, do músico tan misteriosamente negro que espalla a súa musica dende os soportais da Rúa do Villar, o músico negro coas mans moi brancas e que o pasado domingo amenizaba o paso da marea cívica "Queremos galego" e facía cantar casi entonados os manifestantes co son da súa guitarra eléctrica.
Thursday, October 22, 2009
Fáloa porque me peta
Pola nosa parte, e coa elasticidade propia do evento, fomos seguindo a pancarta da plataforma "Queremos galego" do Morrazo, na que lembrábanse os versos de Celso Emilio Ferreiro no poema "Deitado frento ó mar" e que hoxe semellan tan actuais e necesarios como anteonte: "..eu fáloa por que si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gana".
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.
a patria esquencendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.
nos patrios acentos,
envoltos no voso
anxélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.
Wednesday, July 29, 2009
Flores de Hermelo
Barxas de xestaAndamos pola aldea e o alto de Santiago de Hermelo no día do seu patrón, e tivemos ocasión de tirar algunhas fotografías, entre elas a da Flor de sabugueiro. N'omundodecostas non lle sabiamos de certo o seu nome, pero unha boa amiga sabedoira destes asuntos tivo a ben lembrármonolo, o cal lle agradecemos.
En galego pode ter ate trinta nomes distintos: bieiteiro, baiteiro, sabugo, naiteiro, viradoiro, viruteiro, sango, sambuco... Segundo parece na medicina popular empregase caseque como remedio universal. As flores, que teñen propiedades diuréticas, sudoríferas e emolientes, preparadas en infusión empréganse como remedio contra as afeccións respiratorias, gripes ou catarros. Tamén teñen propiedades como laxante.
O seu nome científico, no que se identifican xénero e especie, ven sendo Sambucus Nigra L., e pertence a clase das Magnoliopsidas.
Para rematar unha receita contra a dor de cabeza na que a flor do sabugueiro é ingrediente principal: déixase unha presada de flores frescas a remollo en vinagre durante uns 15 minutos, despois prepárase unha cataplasma embrullando as flores maceradas nunha tela que finalmente aplicarase sobre a fronte do doente.

Subscribe to:
Posts (Atom)