No corazón de Coiro, moi preto do muíño de Fausto, nunha taberna con xente do mar onde por veces ata chega o peixo do quiñón, xantamos axudados por un bon viño e despois dos cafés escoitabamos con interese unha conversa de mariñeiros, queixábanse das condicións do seu traballo. O máis experiente do grupo comentaba que por unha marea nas Malvinas hoxe en día un mariñeiro non cobraba alén dos 1.000 euros, e quizais conveña lembrar que unha marea significa arredor de tres meses en alta mar en barco de trinta ou corenta metros de eslora faenando a eito, vintecatro de vintecatro, dende que o peixe entra na rede. O asunto é que veño sentindo novas como esta dende hai algún tempo. Fai cousa dun ano un bo amigo noso, seica patrón da costa e hoxe en día afincado no Brasil, queixábase de algo moi semellante, dicía que rematara unha marea debéndolle cartos a empresa armadora, e tiña a súa explicación. Os que estabamos no seu derredor non dabamos creto, lembrabamos que na década dos oitenta e principios dos noventa, sendo o traballo igual de duro, a xente aínda xuntaba unha cantidade de cartos apreciábel cando volvía dunha marea, polo que a todos os coñecedores das súas cuitas paseóusenos máis dunha vez polo miolo facer aínda que fose unha soa para termos a nosa presiña de cartos. Pois ben, esa xa non pode ser unhas das causas que hoxe arrasre os homes o mar, dende aquela as ganancias minguaron moito para eles, as xentes do mar, que non para os armadores, estes non se viron na obriga de abandonaren os seus negocios por seren pouco rendíbeis nin impelidos a continuar neles por ser ese o único oficio do que se sintan capaces.O mariñeiro experimentado de Coiro dicía, ilustrativo, que "antes chegabas a casa e traíaslle a muller un feixiño de cartos, e mira ti, agora téñolle que pedir ate uns euros para ir tomar o chiquito". E non vaiades crer que era un farol moi gordo, a dona estaba alí preto -rexentando o local- para confirmalo. Os donos dos cartos son, nun outro alarde de opacidade pública, os que aparecen sempre nas primeiras planas dos medios como xeradores de riqueza e nunca os propios traballadores, nunca as mans que traballan e transforman as materias primas en materiais axeitados para o uso da comunidade, mans sucadas do traballo que na voz dos amos e os seus fieis propagandistas tenden mostrarse como prescindíbeis, mans que suxeitas as estritas leis do mercado arrumban calquera indicio de humanidade por tras delas. A cousa é que como os oficiais dos barcos levan unha porcentaxe mais alta que a dos mariñeiros no reparto dos beneficios da marea, os piratas de despacho, sen perder a vergoña nin o respecto institucional, aos primeiros ofrécenlle o traballo sen ofreceres ningunha ganancia firme a cambio, tan só en troco dunha pequena porcentaxe sobre o posíbel beneficio económico que a venda das capturas xere no final da marea, no caso de que as haxa, doutro xeito pode pasar como a este meu amigo referido máis a cima, para quen os pequenos gastos persoais que dentro do barco sufragan os propios mariñeiros pesaron máis na balanza da fin da viaxe que o peixe que nunca entrou na rede.
Como suxería o noso home de Coiro, que nese día estaba falador -cousa, por outra banda, pouco frecuente-, "pois mira ti, agora meten aos peruanos eses, ou xente doutros países raros, que cos mesmos cartos alá no seu país son ricos, mira que pra eles sonche moitos cartos de diola". Agora chámanlle deslocalización a un outro dos moitos recursos que as empresas armadoras teñen para aumentar as súa ganancias diminuíndo ata extremas imposíbeis o prezo da carne humana, da dignidade humana. O que me leva a rememorar dous datos entresacados dunha nova que foi amplamente aireada, aínda que fose sempre dende a faciana do sensacionalismo máis escabroso: o secuestro do atuneiro Alakrana en mares somalís. Acolá, cando menos, os piratas xóganse a súa propia vida, os de aquí poñen carne de canón de por medio. Máis entre os cascallos da devandita información e por baixo do balbordo mediático puidemos apreciar con certa exactitude os significados da tal deslocalización, saber como se forxan as cadeas da explotación do home polo home ao abrigo do libre mercado e a globalización. Primeiro cando soubemos que os reféns eran 36, os mesmos que tripulantes tiña o barco, que ademais dos 8 galegos e 8 vascos levaba a bordo outros 20 mariñeiros, persoas procedentes de Ghana, Senegal, Costa de Marfil, Madagascar e Illas Seicheles. E despois só foi pola desgacia dun deles, Alain Kakou de Costa de Marfil, quen volvía ao seu país sen saber se a súa dona estaba viva, que soubemos do prezo exacto dun salario deslocalizado: 12o euros ao mes, velaí o prezo dun tripulante africano.O saírmos, coido que pra que pra non ficarmos co gosto acre dos laios do mar, a patroa agasallounos cun atadiño de chulas acabadas de facer coa parte de cabaza que non sae na fotografía e que, de certo, tiñan un arrecendo tentador, arrecendo que levamos con nós e saboreamos no día seguinte.
Tuesday, November 10, 2009
Monday, November 9, 2009
Alborada
Languidecía a noite e aseñorábase o día ocultando as reminiscencias tililantes que a cidade, debedora solar, mantén acesas na súa honra cando durme, namentres eu agardaba polo chifrido da cafeteira o sinal para retiralo do lume. Coa cámara no trípode fun tirando unhas fotografías no espreguizarse do día que máis tarde, no entanto de revisalas, fixéronme acordante destes versos do proemio no poema de Parménides para ilustralas.
Sóamentes fica por lembrar que Parménides foi un filósofo e poeta grego que naceu en Elea e a súa vida transcorre entre os séculos VI e V a.C. Entre os filósofos da antigüidade e do que se conserva o texto (casi) completo máis antigo. En moitos sentidos podemos dicir del que marca unha fronteira, a súa mesma vida discorre no limiar entre a antigüidade e o clasicismo; quizais o primeiro filósofo e o derradeiro que como tal escribe en verso, nos mesmos hexámetros dáctilos nos que cantaban Homero e Hesiodo; na ponte entre a escrita en verso e a nacente escritura en prosa; na transformación do poder do mito en forza do logos ou razón; o primeiro chanzo para que o home principie a sentirse un aparte da natureza, un seu dominador, nembargante é guíado polas musas no camiño do saber.
"(....), cando apremáronse a escoltarme
as fillas do Sol -unha vez que por tras deixaron o lar da Noite-
destoucando das súas tempas os veos coas mans.
as fillas do Sol -unha vez que por tras deixaron o lar da Noite-
destoucando das súas tempas os veos coas mans.
Alí son as portas dos camiños da Noite e o Día
enmarcados con lintel e soleira de pedra,
portas etéreas de grandes follas (...)
enmarcados con lintel e soleira de pedra,
portas etéreas de grandes follas (...)
E a deusa acolleume benévola, tomou na súa man
a miña man destra e así falou e me dirixiu a palabra:
-Xoven compañeiro de aurigas inmortais,
vido coas eguas que te achegan a nosa casa,
saúde, que non foi un mal fado quen te trouxo
por este camiño -pois de certo fica fora do tripado polos homes-
senón lei e xustiza. É preciso que te decates de todo:
tanto do corazón imperturbábel da redonda verdade
como dos pareceres dos mortais, nos que non cabe unha verdadeira solidez.
Aínda así, tamén aprenderás como é necesario
que os pareceres sexan en aparencia, cruzandose todos ó través de todo."
(Parménides, Fragmentos 1, 12-13, 20-30)
Un outro apunte, sen ser moi exahustivo nin hermeneuta, que non é o caso, cando leades "lei e xustiza" (Temis e Diké, no grego orixinal) non vaiades matinar no señor da porra e o togado, representates desas ideas no noso mundo, máis axeitado coido que sería ligalas coas ideas de "medida e proporción", dalgún xeito, a procura da "harmonía".a miña man destra e así falou e me dirixiu a palabra:
-Xoven compañeiro de aurigas inmortais,
vido coas eguas que te achegan a nosa casa,
saúde, que non foi un mal fado quen te trouxo
por este camiño -pois de certo fica fora do tripado polos homes-
senón lei e xustiza. É preciso que te decates de todo:
tanto do corazón imperturbábel da redonda verdade
como dos pareceres dos mortais, nos que non cabe unha verdadeira solidez.
Aínda así, tamén aprenderás como é necesario
que os pareceres sexan en aparencia, cruzandose todos ó través de todo."
(Parménides, Fragmentos 1, 12-13, 20-30)
Sóamentes fica por lembrar que Parménides foi un filósofo e poeta grego que naceu en Elea e a súa vida transcorre entre os séculos VI e V a.C. Entre os filósofos da antigüidade e do que se conserva o texto (casi) completo máis antigo. En moitos sentidos podemos dicir del que marca unha fronteira, a súa mesma vida discorre no limiar entre a antigüidade e o clasicismo; quizais o primeiro filósofo e o derradeiro que como tal escribe en verso, nos mesmos hexámetros dáctilos nos que cantaban Homero e Hesiodo; na ponte entre a escrita en verso e a nacente escritura en prosa; na transformación do poder do mito en forza do logos ou razón; o primeiro chanzo para que o home principie a sentirse un aparte da natureza, un seu dominador, nembargante é guíado polas musas no camiño do saber.
Tuesday, November 3, 2009
Grafitis en Cangas
Aquí tedes algunhas imaxes dos grafitis que podedes ver este ano en Cangas, na Praza das Pontes xunto a desembocadura do rió Bouzós, e na que, nuns paneis habilitados polo concello e que se anovan cada ano, os artistas do spray van dándolle forma e cor as novas iconografías urbanas.
Subscribe to:
Posts (Atom)